Con texto de Bertrand Santini e ilustracións de Bertrand Gatignol, ofrece Thule unha gran reflexión en pequeno formato: Cómo fracasé en la vida é unha ironía visual con pequenas frases con dobre sentiddo. Un álbum que nos fai replantexar as nosas vidas e cal é o verdadeiro éxito nelas. Un libro que volve incidir no que reclamamos constantemente: os álbums ilustrados non son contos infantís, senón libros dirixidos a adultos... e ben adultos! Este libro cumpre unha misión ben importante: ao pechalo o lector quedará pensativo e terá de darlle mil voltas á súa existencia. A grandeza do libro reside precisamente na camuflaxe coa que se nos ofrece: baixo unha aparencia infantil, o conxunto de texto e ilustracións ofrecen o que noutras novelas de adultos precisan de cen páxinas: a reflexión posterior: u-lo éxito? U-lo fracaso?
Isto é filosofía!
“Todo iba bien… hasta que un día crecí”
Sen comentarios
Publicar un comentario