Falamos de analfabetismo.
Porque máis de 840.000 persoas que viven en España son analfabetas, das cales, case o 70% son mulleres, segundo a Enquisa de Poboación Activa.
A UNESCO estima que a maioría das persoas que son analfabetas no mundo son mulleres. No sur e oeste de Asia e na África subsahariana vive a maior parte das adultas analfabetas.
Benin, Burkina Faso, Chad, Etiopía, Gambia,
Guinea, Haití, Mali, Níger, Senegal e Sierra Leona son algúns dos
países nos que superar a alfabetización aínda é unha tarefa pendente e contan con máis dun 50% de adultos que non saben ni ler nin
escribir.
Os datos oficiais indican que no mundo hai máis de 67 millóns de nenos e nenas que non van á escola.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario