Publicado en Anagrama, El arte de no decir la verdad é de Adam Soboczynski. Un libro de 33 relatos que pretende amosar un catálogo de mentiras universais. Non é precisamente un libro de autoaxuda, nin creo que o pretendese o autor, aínda que ás veces seméllao. Hai, coma sempre, historias divertidas e outras interesantes, aínda que teño que precisar que a min deprimiume por veces: esa necesidade de finximento continuo non está feita para min! O que si queda claro que o libro é unha provocación que nos fai reflexionar sobre a sociedade que vivimos, unha sociedade que provoca cinismo, que o verdadeiramente importante é finxir o que somos e non mostrar como somos en realidade. Lembrades aquelas películas e aqueles libros sobre a sociedade cortesá e a arte da mentira? Pois este libro reflicte o mesmo na sociedade actual. Nada é o que parece, e debemos aprender a comportarnos tal que así.
Así que este libro é puro cinismo da vida moderna. Podedes vervos reflectidos ou non, podedes aprender algo ou non, pero seguro que vos parecerá ben interesante. Finalmente, o libro tampouco está procurando que o lector sexa falso, pero si que saiba dosificar a súa personalidade. Non sei, é ben curioso.
"¿Qué es la vida? un campo minado./ ¿Y el fingimiento? La condición necesaria para nuestra ascensión./ ¿Y el amor? El más bello de los engaños".
Sen comentarios
Publicar un comentario