Recoñezo que dende o que vin na libraría soñei con telo. Só unha ollada bastou para me namorar. E, por fin, está no meu poder. Publica Barbara Fiore En el país de la memoria blanca de Carl Norac e Stéphane Poulin, unha auténtica virguería de álbum que semella combinar viñetas (varias en cada páxina) con ilustracións a dobre páxina; pequenos textos a carón das ilustracións, textos en tamaño XXL ocupando as dúas páxinas, páxinas sen texto... Un mundo perigoso de cans policías e gatos con atentados pola liberación destes últimos e un protagonista con amnesia tras sobrevivir a unha bomba no autobús no que viaxaba. Pero quen é este en realidade?
Unha preciosa metáfora dunha sociedade totalitarista e estarrecedora e da busca da liberdade e da paz.
1 comentario:
Que rápidos son a xente deste blog coas novidades extraordinarias. Ver esta perla aquí tan so despois duns días que estaba na mesa de novidades é un luxo
Publicar un comentario