Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/06/12

A escaleira


Con texto de Beatriz Montero e ilustracións de Raúl Nieto Guridi, preséntanos OQO este conto infantil, A escaleira, que vén representando para o pequeno lector un paso na linguaxe: profesións que axudan a aprender novos conceptos, estrutura repetitiva para facilitar a memorización... e unha sinxela trama que será resolta deseguida por unha nena ben espilida. As ilustracións, moi acordes co texto, son esencilmente divertidas.
Moi axeitado para primeiros lectores ou para ser contado en voz alta.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.