Quedei prendada e emocionada con este Lipdub que veño de descubrir. Reproduzo o que din en YouTube:
O día 5 de xuño de 2012, a comunidade educativa do IES de Chapela
(Redondela-GALIZA) gravou, despois dun longo proceso que comezou co
inicio do curso escolar, o LIPDUB EU FALAREI.
EU FALAREI, con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela, é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova.
Na gravación implicáronse activamente máis de 400 persoas entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños de Chapela, que quixeron neste LIPDUB dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro... precisa de nós.
AVANTE COA LINGUA GALEGA!

Parabéns!
Grazas por tanto traballo non remunerado no Ensino Público!
6 comentarios:
Un proxecto moi bonito
O conserxe está simpatiquísimo. Aúpa Chapela!
Noraboa ao IES de Chapela. ¡Canto traballiño aí detrás deses 7:39 minutos!. Con xente así claro que sobreviviremos.
Ogallá falen todos e todas en galego fóra do lipdub, claro!
Noraboa! Conseguichedes emocionarme , dende enton falolle galego os meus fillos. Grazas!
É a mellor noticia do mes! Grazas!
Publicar un comentario