Este é un deses libros que hai que ter porque cómpre volver a el de cando en vez, mirar algunha ilustracións, buscar algún detalle fuxidío... Estou a falar de La ventana de Sean Chuang publicado por Barbara Fiore. Unha novela gráfica case sen palabras que fala de guerras e silencios, pero tamén de amores e esperanzas. Un ambiente duro e opresor en case todas as ocasións que deixa a fouteza para o final, cando xa estamos instalados nun sorriso duradeiro.
As viñetas sobre fondo negro son rectangulares agás cando retratan o horror da violencia bélica que adopta formas quebradas.
Unha auténtica marabilla.
Sen comentarios
Publicar un comentario