Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/06/12

Mulleres invisibles de Birmania


Birmania, Myanmar, ratificou a Convención sobre a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación contra a Muller pero a Constitución do 2008 non a contemplou totalmente. Na actualidade non se pode falar sobre a discriminación nin sobre a igualdade. É difícil cambiar unha tradición onde as propias mulleres pensan que o seu papel esta na familia. Nunha sociedade budista theravada, dominada por homes, hai moitas barreiras culturais que limitan o comportamento e o funcionamento das mullers. As mulleres periodistas non poden fotografar nin filmar ao público pois non se lles permite ter unha posición privilexiada xa que, como mulleres, non poden estar por riba dos homes nin dos monxes budistas. Nin sequera se pode falar libremente sobre violacións de mulleres de minorías étnicas perpetradas por soldados birmanos, posto que moitas veces as mullers non consideran a violación como un asunto de discriminación de xénero, senón como un problema do destino nunha sociedade que mira con malos ollos ao sexo débil con roupas inapropiadas ou indo a lugares non axeitados.
A Liga de Mulleres de Birmania é unha organización que reúne a mulleres de 13 grupos étnicos que traballan polo avance do estatus das mulleres con vistas a unha sociedade pacífica e xusta. Resulta esencial un cambio de mentalidade entre a xente común.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.