Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/06/12

A realidade contraditoria

Pawla Kuczynskiego é un caricaturista polaco. Nado en 1976 en Szczecin, dende o 2004 realiza ilustracións satíricas e impactantes que provocan reflexións sobre a sociedade na que vivimos. Un dos aspectos máis importantes é o seu estilo gráfico, xa que non recorre á esaxeración no debuxo ou a deformación da figura humana, senón que se achega á figura realista para lograr que o espectador entenda a idea que el quere transmitir, sen procurar un sorriso ante a traxedia, senón facendo partícipe ao espectador da mesma. As cores tamén pretenden achegarse ao tráxico e angustioso.
A desigualdade, o racismo, a industrialización, o deterioro ambiental, o presuposto para a guerra, a desvalorización do campo, o ataque tecnolóxico son temas recorrentes que lle confiren un posto importante dentro da arte con crítica social.

















 


 





 




Grazas, Marisa, pola información.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Que boísimo e canta ironía ten...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.