Con texto de Paloma Sánchez Ibarzábal e ilustracións de Anna Llenas, chéganos esta novidade de OQO: Se eu fose un gato é un álbum divertido onde o protagonista pensa en situacións hipotéticas de actuacións no case de ser el un gato. É cololcarse do outro lado e pensar en como sería e actuaría se mudase a pel... algo necesario en tantas ocasións que esquecemos como poderiamos ser de non ser o que somos. Por iso, debaixo do xogo está a importancia da empatía. E que, claro está, o amor e a amizade sempre está por riba de todo.
As ilustracións chaman a atención por estaren feitas coa técnica do colaxe.
–Se eu fose un gato…
3 comentarios:
Moi interesante o de poñerse nos "zapatos" doutro ;)
as ilustracións teñen unha pintaza
graciñas
Grazas a ti, Belén, por estares aí.
... funcionario de educación... nunca xamais erguería o rabo dese xeito, e menos aínda cun corazón enriba del, e menos aínda cunha maceta con tres cactos plantados. Se eu fose un gato... funcionario de educación... tería unllas no cuíño e un cu en cada patiña... e comería aquel peixe de hai quince días... e brincaría sobre a calva do conselleiro.
Pero non son gato... para que carallo comería o peixe...
Publicar un comentario