Tan pronto vin esta portada souben que estaba ante unha segunda parte, publicada agora por Océano Travesía, de El aprendizaje amoroso: Y vivieron felices... de Laëtitia Bourget e Emmanuelle Houdart lévanos a esa parte onde antes nunca nos levaban os contos. Que ocorre despois dese "e viviron felices"? Pois veñen as complicacións, os fillos, os problemas... pero todo se solventa con amor. Unha aventura cotiá que é a vida.
Aínda que me gustou menos có anterior, alucino sobre todo coas ilustracións, con ese coloridos e eses detalles florais. Paréceme un gran traballo!
Sen comentarios
Publicar un comentario