
Non me gustou o final, o feito de resolver a situación desa maneira en que o fai o autor non me parece apropiada, nin sequera creo que sexa coherente coa ética moral que a lectura nos manifesta. Pero quizais sexa esa a intención do autor: que o lector se divida e multiplique, que pense en se o personaxe principal actuou ben ou non, sen poder xulgar despois, como non fan os xuíces posibles nesta historia.
Tampouco me gusta o papel que se outorga á muller no libro. Ningunha das mulleres que nel se describen son importantes na historia e ningunha ten capacidade dunha iniciativa eficaz.
De todos os xeitos, e maila os puntos negativos que estou a describir, creo que é unha lectura interesante e reflexiva que paga a pena. Recoñezo que o impacto do seu primeiro libro foi maior, pero é interesante esta crítica certeira a todo un elenco de personaxes onde ninguén se salva, nin a adolescente nin o señor maior. Ninguén é perfecto!!!
Sen comentarios
Publicar un comentario