Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/07/12

Dúas letras

Cando soubemos desta curta, xa a colgaramos no blogue. Como comprobaredes, xa non se pode ver na rede. A razón débese a que esta curta pasou a formar parte dun libro que publicou posteriormente a editorial Galaxia.
A curta de Eloi Varela con guión de Fina Casalderrey vén acompañada do relato que escribe a autora xunto cun par de textos de Víctor Freixanes e Francisco Castro sobre a emigración e o mundo rural.
O filme recibiu varios premios: Festivais de Cine de Bueu, Primavera de Vigo e Cans onde recolleu o Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción, Premio do público á mellor curtametraxe de ficción, e o Premio do xurado á mellor interpretación feminina. Relata a triste historia da emigración onde nai e fillo vense obrigados a se comunicar por carta.


Paga a pena vela, sobre todo. Como curiosidade queda o feito de que o libro sexa posterior, algo que non adoita suceder.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.