Acusada de adulterio. Iso é o gran pecado dunha muller que fo executada publicamente a tiros en Afganistán a mans dos talibáns. Claro que antes fora obrigada a abortar e xa recibira douscentos latigazos.
Hai diferentes versións sobre unha verdade que nunca debería existir, unhas imaxes que non dou contemplado. Que mantiña unha relación cun home que a enganou, que foi seducida por dous xefes islámicos... que máis dá ante tanta barbarie?
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario