
A obra sitúanos en 1941, no momento en que Heydrich é nomeado gobernador de Bohemia e Moravia. Arredor del xirará a trama da obra. Unha trama que rende tributo a Agatha Christie! Así, Gunther terá que facer de Poirot e sobrevivir no inferno, non pode chamarse doutro xeito ao ambiente que se respira entre nazis. E neste ambiente despregará o seu humor máis acedo. No medio do fume dos cigarros, da fame da poboación, da provoacións dos asasinos, da crueldade e da loucura, hai momentos para o amor e para o sorriso. Hai momentos para a reflexión. E mesmo para a comparación. Que sucedería se...?
Non é para min a peor das súas entregas. Aínda que a súa triloxía berlinesa sexa insuperable, esta obra paréceme boísima. Recoñezo que me sigo a sorprender coa crueldade da que é capaz o ser humano, e máis coa crueldade desa época histórica chamada nazismo.
2 comentarios:
Que libro vos levo de aqui?
Ide pedindo que xa queda menooooooooooooooooos
tic tac tic tac tic tac....
cantas apertas vos vou dar!!!
Adelcisa
Uiiiiiiiiiiii Eu quero un pop up sen letras ou un álbum, dáme igual, pero sen letras, que son analfabeta en inglés... Iso si, as apertas douchas en calquera idioma, vas ver!!!
Publicar un comentario