Seguimos, unha semana máis, coas recomendacións que nos fai Chus Pato dende Rotterdam. Hoxe traemos a poesía de Sascha Aurora Akhtar, de Pakistán.
A mística universal do non-escribir
Eu non son unha man elegante
Ti non es a vermella flor do cha
Eu son unha pucha agardando polas quenllas
Para cortar a auga como aleta de amor
E o remedio non é con sabor a vainilla
Laranxa tetraedro ou gárgolas
Finxindo ser fermosa
Eu non son unha pel rosa
Ti non es un limón brincando
Hai unha memoria que ten bochas
Dentro das cartas do meu rostro
perdín un meniño
Hai un acougo silencioso,
De maos dadas tornamos
Unha cadea de monecas de papel
Ondulando como cabelo preso na corrente
Eu non son unha formiga chinesa
Ti non es unha moa de veludo
Unha pena de punta
Un carbúnculo
A estación
Eu ando esmagando pedras de xeo
Non hai outro xeito.
Amárrate a min
Brincamos nunha lagoa
Coa esperanza de afogar
E volver con lirios nas bocas
Corpos escorridos que apertan a retórica
Eu non son unha man elegante
Ti non es a vermella flor do cha
Eu son unha pucha agardando polas quenllas
Para cortar a auga como aleta de amor
E o remedio non é con sabor a vainilla
Laranxa tetraedro ou gárgolas
Finxindo ser fermosa
Eu non son unha pel rosa
Ti non es un limón brincando
Hai unha memoria que ten bochas
Dentro das cartas do meu rostro
perdín un meniño
Hai un acougo silencioso,
De maos dadas tornamos
Unha cadea de monecas de papel
Ondulando como cabelo preso na corrente
Eu non son unha formiga chinesa
Ti non es unha moa de veludo
Unha pena de punta
Un carbúnculo
A estación
Eu ando esmagando pedras de xeo
Non hai outro xeito.
Amárrate a min
Brincamos nunha lagoa
Coa esperanza de afogar
E volver con lirios nas bocas
Corpos escorridos que apertan a retórica
Sen comentarios
Publicar un comentario