Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/07/12

Soy feliz


A nova entrega do inigualable Jimmy Liao é este pequeno (en tamaño, non en grosor) álbum publicado por Bárbara Fiore: Soy feliz, no me preocupo... soy yo quien tiene preocupado al mundo. Como adoita suceder, un álbum cheo de cores e sentimentos que describen diferentes tipos de preocupacións, pequenas traxedias, ledicias... cousas polas que preocuparse ou non, porque todo depende do cristal co que se mire. E ademais, sempre hai quen se preocupe, porque a preocupación é algo inherente ao ser humano... ou non? Aprender a ser feliz deixando de lado as preocupacións é algo que nos quere transmitir este entrañable álbum que sabe ben que "o mundo preocupa á xente". 
Para reler

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.