Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/07/12

Víctor Hugo, debuxante

Victor Hugo, retratado por Etienne Carjat

Víctor Hugo é coñecido como poeta, novelista, dramaturgo, crítico ou político. Porén existe outra faceta súa igual de intensa e interesante, o Victor Hugo pintor que realizará a partir de 1830 máis de 3500 debuxos para o seu goce persoal. Non obstante, na súa modestia Victor Hugo nunca se chegou a considerar un artista. 

1837, Antigo burgo na tormenta

1840, Tour des Rats

1845, Estanque da madeira de Bellevue

1849-1851, Vista de París
1850, Estrada

Observando as súas obras podemos advertir que estaban moi por diante do seu tempo, con anticipacións do que será a abstracción. A pesar do pouco coñecemento que se ten destas obras por parte do gran público, si foron valoradas por grandes pintores do século XX como Salvador Dalí, e por especialistas en arte. O pintor André Masson chegaría a afirmar que a obra de Víctor Hugo inspiraría a Dubuffet.

1850, Brétema matinal sobre o Rin

1850, Paisaxe con tres árbores

1850, Camiño de ronda dun castelo derruído

1855, Crepúsculo

1857, Xustiza

Planeta ollo

1866, Casas antigas de Renania

Na súa obra, Victor Hugo, utiliza técnicas, ferramentas e medios inusuais, mesturando nos seus debuxos os lapis, gouache, carbón de debuxo, tinta, sepia, feluxe. A maioría dos ddebuxos non tiñan título, sendo meramente descritivos.

Burgo e Ángel

1871, Vianden

1866, O faro de Casquets

1871, Vianden a través dunha tea de araña

+ Información :

http://expositions.bnf.fr/hugo/expo.htm

Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.