Veño de descubrir que a editorial Demipage publicou este pequeno álbum ilustrado na nosa lingua no ano 2005. Un libro que nos achega ao drama da inmigración da man das ilustracións de Graciela García e Silvia Camacho e o texto de David Villanueva. Wamba e a viaxe do mel mestura inocencia con crueldade, esta última a nosa, a dos europeos, que somos indiferentes ante o despilfarro e o sacrificio. Estamos ante un libro en pequeno formato pero de grande calada que xoga coa burla e a tristura: "alguén di que a súa pel é doutra cor". Un álbum que non é infantil pero que servirá para achegar aos máis pequenos a un drama de difícil solución, aínda que esta semella fácil ao final do libro.
Un álbum moi visual grazas ás ilustracións cheas de cor que ocupan toda a páxina e que mesmo precinden do texto por ser innecesario.
Sen comentarios
Publicar un comentario