Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/07/12

¿Y ahora adónde vamos?


Aínda que hai moito tempo que non falo de cine nin dos filmes que vexo, non quería deixar de facelo desta película  de Nadine Labaki, quen pon á Muller como protagonista para evitar unha guerra entre homes que nunca tivo nin terá sentido. ¿Y ahora, adónde vamos? é unha comedia con discurso reivindicativo, feminista e pacifista, sobre a necesaria tolerancia para a convivencia entre relixións, razas ou costumes diferentes. Unha comedia case musical que contén tamén partes de traxedia, porque para denunciar cómpre tamén amosar a triste realidade do que está a acontecer. Así, será difícil esquecer o sufrimento inmenso dunha nai que perde o fillo pero que sabe que a Paz, así con maiúsculas, é máis importante para non sufrir máis. Así que riredes e choraredes, mesmo bailaredes, porque de todo hai neste filme que vos recomendo. Porque a Muller e a extraordinaria capacidade de tolerancia que amosa, é digna de ver. Igual que a estupidez.


1 comentario:

Anónimo dixo...

anoto a recomendación, graciñs

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.