Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/08/12

Cartas de mamá

A editorial Nórdica -moito me gusta!- ofrece unha colección que deu en chamar "minilecturas: grandes relatos de la literatura universal para leer en el tiempo que dura una película de cine y al precio de una entrada". Dentro desta atopamos este Cartas de mamá de Julio Cortázar, un relato integrado dentro do libro Las Armas Secretas de 1959 e que retomei agora grazas a esta edición deste ano.
Non hai moito que engadir: a sensación de vivir nun mundo falso que vén dado por un costume cómodo de eludir a realidade ou de cubrila para tentar non vela fai do relato circular unha pequena obra mestra deste autor imprescindible da Historia da Literatura.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.