Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/08/12

Conducir es fácil

A editorial A buen paso tráenos este simpático álbum-guía para aprender a conducir de Fernando Pérez Hernando: Conducir es fácil e un libro que se colle coma se fose un volante e lese coma se foses conducindo, torcéndoo cando cómpre e manténdoo recto noutras ocasións. É un xogo divertido para os máis pequenos! O mellor: non necesita gasolina, polo que non sae tan caro!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.