Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/08/12

Contrato con Deus

Din os entendidos que tres son os piares esenciais da novela gráfica: La ciudad de Frans Masereel, Maus de  Art Spiegelman e este Contrato con Deus de Will Eisner, boa nova que traio hoxe aquí por térmola na nosa lingua grazas á editorial Rinoceronte. Aínda que xa o coñecía (hai pouco lin Pequiños milagros), merqueino agora para gozalo amplamente, posto que hai que dicir que a editorial realizou unha edición exquisita con dous limiares que eu non coñecía: o da primeira edición do texto e o que se corresponde á edición publicada no ano 2000. Dun cómic de sobra coñecido non hai moito que engadir, só recomendar a súa compra en galego, porque dispoñelo na nosa lingua é un luxo que se pode cumprir para telo nos nosos andeis.
E se alguén de vós non é afeccionado ao cómic, dádelle unha oportunidade a este: con el comprobaredes as enormes posibilidades narrativas que ten a novela gráfica.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.