Survival é a única organización que traballa defendendo os dereitos dos pobos indígenas tribais en todo o mundo. Pídovos que vos acheguedes a súa páxina e leades ou releades canto mal somos quen de facermos os humanos. Unha sinatura, non custa nada, para axudar a deter unha masacre: 450 persoas necesítanvos. Por que? Porque están en perigo de extinción. Falamos dos awás, un pobo nómade e cazador, recolector da selva brasileira. Podedes ler este artigo de Rosa Montero para saber algo máis.
O actor Colin Firth protagoniza a campaña internacional para salvar os awás. Xunto a el, a música de Heitor Pereira:
Sen comentarios
Publicar un comentario