Se algún día queredes facerme caso nunha recomendación lectora, chegou a hora. Porque se non quedades satisfeitos, vólvovos os cartos! En serio, Jonas Jonasson realiza en El abuelo que saltó por la ventana y se largó publicado por Salamandra, un percorrido da historia do século XX da man dun personaxe tan peculiar que seredes incapaces de deixar de sorrir nin un só minuto. Con dúas liñas narrativas, unha presente que consiste nunha fuxida do protagonista de cen anos, e outra que nos conta a súa vida nun peripolo vital a través de países e xefes de estado de todo o século pasado. E todo isto, repito, para rirse como poucas veces facemos cun bo libro mentres o devoramos e suplicamos que non remate.
Non quero contarvos nada máis. Porque estou segura de que en breve terei algún comentario voso agradecendo a recomendación.
4 comentarios:
Et faré cas. Buscaré el llibre.
Bon estiu, lectora!
Agardo o teu punto de vista, amiga! Feliz verán
Eu acabo de lelo e coincido contigo. Ademais do humor constante, encantoume o repaso irónico ás grandes figuras políticas de calquera condición
Lois
Grazas por mo dicir, alédame que coincidamos. A verdade é que encántame esa retranca latente no repaso histórico.
Publicar un comentario