Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/08/12

El ardor de la sangre

Falar de Irène Némirovsky é falar de acerto, e o mesmo ocorre con este El ardor de la sangre publicado por Salamandra, onde volve utilizar ese ton intenso e sosegado que a caracteriza. O libro, como indica o título, fala da fogosidade da xuventude nun sufocante ambiente de provincias, onde nada é o que parece. Nunha novela breve que se le deseguida e sen parar, o lector non debe adiantar xuízos nin suposicións ata chegar ao final. Non é, por suposto, unha novela imprescindible nin a mellor, pero deixa no lector unha estraña sensación de plenitude que só algúns escritores e escritoras son capaces de manexar. Resulta curioso como a pesar deste "ardor do sangue" do que nos fala, non o sentimos plenamente, senón que nos distanciamos tanto que somos nós quen debemos tirar as nosas propias conclusións. Quizais nisto radique precisamente a grandiosidade da autora. Ou quizais non tivo tempo de máis.

Este texto es una creación propia de Devoradora de Libros y no está permitida su copia.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.