Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/08/12

El jardín colgante

Non me entusiasmou a lectura de El jardín colgante de Javier Calvo, premio Biblioteca Breve 2012 publicado por Seix Barral. Podería ser unha lectura ben interesante a priori, por falar da Transición española, pero non ten nin o ritmo nin a forza necesarias para atraparme como lectora. Ás veces é deliberadamente salvaxe, outras pretende ser divertida, pero cal é o punto intermedio? Os personaxes non acaban de convencer, non ofrecen a necesaria profundidade psicolóxica que os convirta nos nosos amigos ou inimigos, senón que permanecen indiferentes. O máis chamativo da novela é, iso si, o simbolismo e o sarcasmo con que está escrita: a falsidade na sociedade española é un feito doente e enfermizo que semella non ter cura; a parodia da reconstrución ideolóxica da nova España, con presenza de fenómenos metereolóxicos adversos e mesmo dun meteorito son abordadas en clave paródica mal resolta. Tamén me chamou a atención o feito de que o autor acuda a Alicia en el país de las maravillas para pergueñar unha metáfora do absurdo e do precipicio no que se mergullará un dos protagonistas.
Pero cando pecho o libro quedo con esa sensación de "quero e non podo" dunha literatura que non acaba de convencer.


1 comentario:

Mari dixo...

A min tampouco me gustou, os personaxes son pouco atractivos e a novela pesimista sen rigor.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.