Din os entendidos que este é un dos cómics imprescindibles da historia gráfica. Eu, que ando a descubrir cousas coma esta, cerciórome cada día un pouco máis da miña máis completa ignorancia. Non o coñecía, xa vedes, un libro que foi publicado no ano 1925. Imperdoable.
La ciudad de Frans Masereel foi realizada con gravados en madeira e considerada por Will Eisner unha obra mestra absoluta da arte. O libro que agora teño é unha edición de Nórdica (como me gusta esta editorial!) deste mesmo ano.
La ciudad non ten palabras, non lle cómpren. Nas súas xilografías descubrimos o crecemento urbano e a industrialización, o paso dun tempo acelerado e un anceio de liberdade, ao mesmo tempo que sentimos esas diferenzas insalvables entre ricos e pobres e a súa vida cotiá. Observando as súas imaxes, podemos sentir os risos, a irritación, a comprensión, o amor, o desamor, a repugnancia... cada detalle vén unido a un sentimento e podemos darlle nome, porque sabemos que é e que nos transmite.

Sen comentarios
Publicar un comentario