Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/08/12

Las nieves del Kilimanjaro

Seguindo neste verán tan peliculeiro, outra recomendación. Trátase dun deses filmes que a Lalín non chegan e teño que alugar. Beizóns para este sistema! A francesa Las nieves del Kilimanjaro, dirixida por Robert Guédiguian, emociona e fainos reflexionar sobre o sistema no que vivimos, a sociedade actual, a honradez e a burguesía. É posíbel tanto altruísmo?
Mentres vemos a película, preguntarémonos en todo momento como actuariamos nós, como reaccionariamos ante unha situación extrema. Seriamos quen de deixar que a bondade nos domine en contra do odio que se avivaría?
Moi recomendábel.



1 comentario:

Eva dixo...

Xenial esta peli!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.