.jpg)
Parece ser que Ian Rankin é un fenómeno literario en Escocia, tanto que existe unha ruta turística (están de moda!) nas localizacións dos seus libros. Pero nesta novela o noso protagonista viaxa a Londres para axudar nun caso dun asasino en serie, o que tamén será unha escusa para xogar cos choques de caracteres entre ingleses e escoceses, o que serve para introducir algunha nota de humor nas súas páxinas.
A pesar de que é un lío non poder seguir a evolución deste personaxe, que é ben interesante, este autor dentro da novela negra gústame ben.
Sen comentarios
Publicar un comentario