Música poética, poesía musicada... non vos podo definir este libro-CD co que teño un problema: lévoo para o coche para escoitalo na miña soidade de conductora diaria ou déixoo na casa para reler os poemas e readmirar as ilustracións?
A máquina do tempo de Juan Carballo e Ramón Núñez con ilustracións de Nuria Díaz é unha dobre fermosura que se deixa ver, ler e escoitar. Podemos pechar os ollos ou pola contra mantelos moi abertos. Todo son vantaxes! Segredos, ilusións, desexos, débedas... palabras que se confunden e funden na memoria, a nosa propia máquina temporal convertida en maxia cantada e lida para gozar plenamente.

1 comentario:
Gústame, moito.
Publicar un comentario