Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/09/12

A partes iguais

Bonito conto de Darabuc con ilustracións de Lina Žutautė publicado por OQO: A partes iguais é un conto equitativo que nos amosa os beneficios de traballar en equipo e da xenerosidade, ademais de falar de desigualdades sociais que deben ser resoltas. Darabuc recupera un conto popular e actualízao nun afán igualitario que nos encanta, máximo hoxe en día en plena crise económica onde as diferenzas fanse cada días máis grandes; ademais, incorpora personaxes femininas, moi de agradecer, que non existían no conto. As ilustracións cheas de cor, divertidas, fantásticas, amenas... reflexan unha aventura onde o que importa é a fin: a igualdade social.

Pois veredes,
isto era unha moza
que, á falta de traballo,
botouse a andar en busca de fortuna.

No medio dunha leira
atopouse con Brazodegorila.

A moza díxolle:
—Queres vir comigo?
—Son libre —respondeu el—.
Nin obedezo xefes nin sirvo señores.
—Repartirémolo todo a partes iguais —dixo ela.





Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.