Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/09/12

Cada vez máis alto

Divertido texto de Ernst Jandl con ilustracións de Norman Junge, Cada vez máis alto, publicado por Kalandraka, é un xogo en si mesmo. Os máis pequen@s divertiranse con este álbum poético de estrutura repetitiva que desenvolve a memoria nunha divertida suma de obxectos imposible. Pero esta suma non é outra cousa que unha metáfora sobre o desexo humano inabarcable e nunca satisfeito, ese anceio material de posuír sempre máis e máis, sen folgos, sen descanso, posto que nada é suficiente; tanto, que as cousas ocuparán o lugar no que se deberían situar os sentimentos. De aí que as ilustracións nos amosen unha figura humana empequenecida cada vez que se sobe máis alto. Porque o poder acumulativo é infinito, e ese afán nunca se ve satisfeito.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.