Pareceume unha historia tan fermosa!: Un home que desexa contaxiar a súa paixón polos libros, saca estes á rúa... e funciona! Unha biblioteca na porta da casa, libros que se len, libros que veñen, libros que van...
Hernando Guanlao creou unha biblioteca informal e improvisada na porta da súa casa no centro de Manila co propósito de contaxiar aos seus vecios e compartir a súa paixón pola lectura. Puxo 100 libros, a xente colleunos prestados e traían máis para engadir. E a biblioteca medrou.
Os lector@s poden levar tantos libros como queiran durante todo o tempo que queiran. "A única regra é que non hai regras". A biblioteca funciona, ademais, porque os filipinos teñen un acceso moi limitado aos libros, o prezo resulta excesivo. Hernando visita ademais as comunidades máis pobres de Manila coa súa bicicleta-libro, unha bici que transporta unha enorme cesta chea de libros.
Ademais, axuda a lugares afastados de Manila. Mesmo quere inventar un barco-libro para percorrer as illas de Sulu e Basilan, zona refuxio de rebeldes separatistas que non ten ningún acceso á literatura.
E todo isto porque cre no poder dos libros e da lectura.
"No se les hace justicia a estos libros abandonándolos en un armario o en una caja"
"Un libro debe ser utilizado y reutilizado. Tiene vida propia, tiene un mensaje"
"Como cuidador de libros te conviertes en un hombre completo"
Sen comentarios
Publicar un comentario