Intenso e emotivo retrato familiar este de Delphine de Vigan en Nada se opone a la noche publicado por Anagrama. Unha historia de segredos, mentiras, loucuras fascinante e dolorosa que non sabemos se é plenamente real ou ficticia, aínda que iso sexa, ao final, o que menos nos importe a nós como lector@s. Segundo ela vai afirmando na novela, tira dos seus recordos máis dolorosos para escribir e descubrir todo aquilo que se topa detrás do suicidio da súa nai. E deste fío saen momentos duros, infelices, tremendos... que nos transmiten unha anguria que nos fará, nalgún momento, pechar os ollos para afastarnos da posibilidade das bágoas. Que inquedo pode ser o testemuño familiar na vida dunha persoa! Arrincando anacos dun, a historia vaise construíndo sobre o sufrimento que supón investigar o lado escuro da historia familiar.
Estamos pois ante unha novela intensamente abrupta que nos retén entre as súas páxinas cheas de escuridade e de filigranas insospeitables.
«Escribo sobre Lucile con mis ojos de niña que creció demasiado
deprisa, escribo ese misterio que siempre fue ella para mí, a la vez tan
presente y tan lejana; ella, que desde que cumplí diez años, nunca más
me cogió entre sus brazos.»
Sen comentarios
Publicar un comentario