A fotoxornalista de National Geographic, Stephanie Sinclair, viaxou durante oitos anos a India, Yemen, Afganistán, Nepal e Etiopía
para filmar o documental: "Moi nova para estar casada: o mundo secreto das esposas nenas". Para realizalo, entrevistou a nenas casadas, outras que fuxiron da súa situación e outras que sufriron feridas ben grandes, como cortarlle as orellas e o nariz. Pero tamén falan homes partidarios desta práctica para asegurar que "unha boa esposa debe ser respectuosa coa súa nova familia porque vai vivir con ela. Ser fermosa significa coidar a casa e o cónxuxe ben".
En nove minutos e medio resúmese esta práctica de obrigar a casar a nenas con persoas maiores: Ghada de oito anos, está casada con Saltan
de 33 e Tehani, de oito tamén, está casada con Majed, de 25.
Segundo Anju Malhorta, do Centro Internacional de Investigación
Sobre Mulleres, "a familia do home e o home fan isto porque cren que poden formala e amoldala como eles queiran que sexa".
"Mientras tenía sexo, yo lloraba y le rogaba que pare. Pero no escuchó y tapó mi boca con su mano; no podía respirar y lloraba, pero él me usó sin importarle y yo simplemente lloré. Tengo ocho años". Así comeza.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario