Nesta colección de OQO que me encanta, en formato máis grande, ve a luz este O crebacabezas de Txabi e Manu Arnal Gil con ilustracións do meu admirado Roger Olmos. Un relato terrorrífico sobre un monstro que gusta de facer o mal co seu poder absoluto e a súa profunda mesquindade. Pero a pesar do seus designios, hai xeito de facer xustiza, e así as pezas do crebacabezas collerán alento para teren vida propia e loitar contra o maltratador, o que se converte nunha metáfora a favor da loita contra a inxustiza, moi axeitada para estes tempos que vivimos nos que como única solución para saír vai ser precisamente esta, a rebeldía social.
O home do crebacabezas sentaba diante do crebacabezas
e cambiaba algunha peza de sitio,
engadía ou eliminaba outras…
Xogaba coa vida do pobo todo.
Transformaba alegrías en penas,
penas en condenas.
Sen comentarios
Publicar un comentario