Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/09/12

Otra Cosa

Imperdoable. Vai ter dez anos e non coñecía este álbum! Eu, que considero que aínda me vou defendendo neste mundo, debo recoñecer que a miña fachenda é moi grande e que debo pór os pés na terra. Non teño nin idea do que hai por aí.
Premio Unesco, este álbum de Kathryn Cave con ilustracións de Chris Riddel está publicado pola editorial Elfos. Otra Cosa fala do rexeitamento da sociedade a aqueles que semellan diferentes. Semellan ou non, que máis dá? Canta tristura e anguria provoca esta situación?  A aceptación das diferenzas entre os seres humanos, a tolerancia e a amizades son os grandes valores deste tenro álbum que nos terá atrapad@s moito tempo despois de rematada a súa lectura. Imposible esquecer as ilustracións, espello de sensacións, elocuentes xunto co texto para falar de diferenzas.
Imprescindible.

En una alta montaña, solo, sin amigos, vivía Otra Cosa. Sabía que era OTRA COSA porque todo el mundo lo decía. Cuando intentaba acercarse a los demás o pasear junto a ellos, o jugar con ellos, siempre le decían: «Lo sentimos, pero tú eres otra cosa. Eres diferente. No eres como nosotros». Otra Cosa se esforzaba mucho para ser igual que los demás. Sonreía y decía «Hola» igual que ellos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Despois dun tempo ausente achégome ó teu blog para dicirche que este sofá orelludo invita a recrearse neste novo album. Sigue traéndonos destas cousas porfa

Ronsel dixo...

Está ben que non nos abandones dende ese teu sofá. Grazas por volver

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.