Foi un grande pracer descubrir que xa contamos con Jim Thompson na nosa lingua, novamente grazas á editorial Rinoceronte. Como sabedes, Thompson é un clásico da novela negra que debemos coñecer. O título que nos ocupa desta volta é POB. 1280 (en castelán topeino como 1280 almas en RBA),e volve ser unha lectura desoladora, dura, cun narrador protagonista que actúa segundo o seu propio criterio, enganángonos coa súa actitude parva e acomplexada. É un libro impactante, a pesar de estar acostumad@s a este tipo de novelas, que non deixa indiferente. Porque non todo é o que parece, o autor sabe enganar o lector coa súa posa sinxela, e case nos convence de que este antiheroe é unha pobre vítima da cruel e cínica sociedade do seu tempo. Ata que descubrimos con horror cal é a verdadeira natureza do suxeito.
A mesquindade en todo o seu esplendor.
A mesquindade en todo o seu esplendor.
Sen comentarios
Publicar un comentario