Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/09/12

Que tal estás?

Teño que recoñecelo: recibino e non chegou á casa. A razón: quedou facendo escaparate na óptica. Foi abrir o paquete, miralo e tirarmo das mans. Así de sinxelo. Así que terei que agardar ao próximo cambio para gozalo con maior intensidade. Pero... quen se resiste a estas ilustracións cheas de tenrura e bo humor? Por certo, estou a falar dunha das novidades que a editorial Kalandraka nos ofrece: Que tal estás? de Anthony Browne. Ver reflectidos todos os nosos sentimentos neste moniño tan feito resulta amorosamente encantador.
Con texto esquemático, destacan as ilustracións expresivas para denotar os sentimentos a carón dos obxectos máis cotiáns, xogando coas tipografías, os tamaños e as cores.

2 comentarios:

Chus dixo...

Anthony Browne é sen dúbida un dos grandes do álbum ilustrado.

Ronsel dixo...

Si que o é, si.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.