Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/09/12

Rosa Caramelo

Que sorte contar na nosa lingua con títulos tan emblemáticos e necesarios coma este! Se Kalandraka xa nos ofreceu non hai moito o marabilloso Artur e Clementina, agora agasállanos con este Rosa Caramelo imprescindible: un libro de Adela Turín (ilustrado por Nella Bosnia) dos anos 70 que segue a estar, desgrazadamente, en plena vixencia. Agora máis ca nunca volvemos ter unha educación machista e rosa, unha volta atrás a etapas que as mulleres criamos superadas. Non só a publicidade, senón a política, a sociedade actual, volve a tinguirnos de rosa, a desexarnos un só futuro: amas de casa e princesas. Por iso libros coma este son tan necesarios.
Porque semella que a involución que estamos a sufrir non importa a ninguén. Inculcar ás nenas que deben coidar do fogar e da súa figura, esquecéndose de toda forma de emancipación, é arestora algo natural. Os xoguetes son rosas. A roupa é rosa. O pensamento é rosa... E hai miles de libros de cor rosa. E esta tonalidade plantéxase como unha opción cando é unha imposición. Sen autonomía, dende o berce, as nenas son educadas e encamiñadas nun pensamento único e colonial.

Actividades que topei arredor do libro:

Propostas de Paco Abril.
Guía Didáctica. Aquí.
Webquest.
Vídeo

23 comentarios:

carme dixo...

Encantoume o libro.Que mágoa que siga sendo tan necesario,porque aínda hai nenos de sete anos que non queren vestir unha sudadeira, só por estar forrada de cor rosa, xa que din que é de nena. Cando lle preguntei a este cativo cal cría el que era a cor dos nenos, contestoume que o negro. Vaiche boa!!!.

Ronsel dixo...

Raro que non contestase que o azul. Pero é así, o neno non ten culpa, é o que aprendeu.

sandra estévez dixo...

o libro esta moi ben, fai que nos deamos de conta de que realmente a sociedade machista que temos vai dirixida a que as mulleres coiden dos nenos e fagan as tarefas do fogar e a iso ensinanos xa dende pequenas coas nosas bonecas, mentras que aos nenos ensinanlle que o seu labor é pasalo ben con cochiños teledirixidos.

Ana Castro Varela dixo...

Este pequeno álbum ilustrado amósanos as diferencias que se producen entre os nenos e as nenas, os mozos e as mozas e incluso entre os homes e as mulleres xa que isto, non é un tema do cal poidamos escapar por moitos anos que teñamos. Esta forma de pensar seguirá sendo así durante moito tempo e nós, deberíamos loitar por ser tratados todos igual.

Adrián Villar García dixo...

Neste libro demostrase que os nenos tamén poden xogar as cociñas e as bonecas e as nenas tamén poden xogar aos coches xa que ti elixes a que queres xogar, non ao que che obrigan.

Tamara Pereiras Villamayor dixo...

Neste álbum podemos observar como a sociedade pode influenciar na maneira de pensar das persoas, moitas nais xamáis lle poñerían ao seu fillo un xersei rosa, nin o deixaría xogar con bonecas,simplemente porque iso son "cousas de nenas".Esta idea vémola reflexada neste álbum,pero á inversa, Margarida, unha fermosa elefanta é criticada por non querer ser rosa, coma as demais elefantas.

Fátima Bouzada dixo...

O libro en si está moi ben, é moi instructivo e deberíase ler a todos os nenos e nenas dende pequenos para que se desen de conta desas desigualdades que hai entre eles, e para que eles mesmos non pensen igual que moita xente respecto a esto.

Patricia Fernández dixo...

É un libro que todos deberíamos ter moi presente, que nos mostra que estamos rodeados dunha sociedade chea de inxustizas e desigualdades. Algo tan sinxelo coma ver a un neno xogar con bonecas, debería verse como algo habitual, para todos. Por desgracia, isto non é así, pero penso que se todos poñemos da nosa parte podemos cambiar algo o noso mundo, porque se nós non o facemos ninguén máis o vai facer.

Paula Gamallo dixo...

Rosa. Así é a identidade que de manter a muller ante a sociedade. Que pasa se nos saltamos as regras xerais inculcadas para nós mesmas? Cometeríamos algo aberrante, anormal atípico, insólito, irregular, estrambótico... E que? Queremos ser azuis? verdes? incluso negras? Por que non? A personalidade atópase por enriba do xénero, ninguén é macho ou femia polo seu aspecto, polo seus gustos... Todos somos persoas por eso mesmo, pola nosa PERSONALIDADE

Manuel de la Torre dixo...

O libro ten como tema a sociedade na que vivimos que pode chegar a clasificar ás persoas só polo cor co que se visten e no debe ser así.

Lucía Silva dixo...

O libro está moi ben xa que esa elefantiña rosa decide que se ela non quere seguir comendo plantas que non lle gustane aburrindose dentro dun cercado só por ter que conservar a cor rosa, non ten por que facelo e pode ser ela mesma libre dos patróns marcados pola dociedade.

Unknown dixo...

Antía Iglesias dixo...
Escoitar este tipo de lecturas na clase fan que nos demos conta de que o tempo en que estamos a vivir é moi machista. As rapazas rosa e o rapaces azul.As nais traballan na casa e os maridos fóra. Pero isto tamén se aprecia en comercios e anuncios de televisión e as veces son os causantes do estilo de vida que temos que seguir.

María Rey dixo...

Qué sinxelo é deixarse levar pola marabunta sociedade, polo 'que dirán', por esa idea de que ser diferente é malo. En innumerables ocasións facemos o que se supón que é correto sin preocuparnos da nosa felicidade; sin darnos conta de que non hai nada máis importante que sentirnos ben con nós mesmos.

Ana Brandariz dixo...

É un libro precioso,trata o tema do machismo. A pena e que se siga habendo diferenzas entre homes e mulleres, Porque o rosa para as nenas e o azul para os nenos? Porque as mulleres traballan na casa e os homes fora?

Lara Fondevila Calvo dixo...

Este libro gustóume moito porque non se teñen que diferenciar á xente polo seu sexo se non polas súas calidades.

Lucía Pérez dixo...

O libro gustoume porque permite reflexionar e analizar os estereotipos sexistas existentes na nosa sociedade e promover a igualdade entre ámbolos dous sexos.

Unknown dixo...

Deberíamos ter presentes libros como estes, que nos amosan que aínda hoxe en día segue habendo discriminacións entre mozos e mozas, homes e mulleres, e este libro amósanos un pouco isto pola distinción que fan os pais entre a rapaza e os rapaces pola súa cor.

Esperanza dixo...

Moi bo libro en contra do machismo. CTristemente é unha realidade que as mulleres esíxelles estar sempre máis arregladiñas bonitas ca os homes. A mellor parte é cando todas se liberan e perden esa cor rosa, sinónimo de opresión.

Rebeca Broemser dixo...

O máis claro que podemos sacar deste libro pódese dicir que, é a versión de como a xente pensa, ou solía pensar, que deben facer as mulleres; neste caso falase de elefantas que deben ser rosas e facer determinadas cousas polo feito de que é o que se espera de elas.

Ana Sofia Neto Cunha dixo...

Gustoume O libro, Porque fala das diferenzas entre o home e a muller, en que as nenas (neste casos elefantas) teñen que utilizar o rosa e para iso comer plantas... Mostranos Que estamos rodeados dunha sociedade con desigualdade!

Anónimo dixo...

Eva López Troitiño.....

O libro encantoume, para min ten duas partes:
- Unha triste na que intenta reflectir a desigualdade que hai neste país comparándoa coas elefantas. Fai referencia a esa desigualdade utilizando as cores, rosa para as nenas e azul para os nenos.
- Unha parte alegre que nos reflicte que sempre vai haber alguén en contra da desigualdade, neste caso a elefanta que non quere ser coma os demais.

Anónimo dixo...

Maria Lamazared Taboada
A min este libro encantoume xa que reflexa moi ben a desigualdade que hai na nosa sociedade entre homes e mulleres.
Gustoume a actitude da elefantiña que se opuxo a comer as flores xa que non queria ser coma os demais.

Anxela Llinares dixo...

Este albúm relátanos un gran problema que segue na actualidade, o pensamento de que o sexo femenino vai asociado á cor rosa, e polo tanto condicionado a todo o relacionado coas bonecas, as princesas e tamén os traballos do fogar. A elefante que sae neste conto é discriminada xa que non é igual a todas as demais.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.