Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/09/12

Villa Amalia

Tiña moitas ganas de ler algo de Pascal Quignard por recomendación de Chus Pato. E xa ela me deixou este libro: Villa Amalia publicado por Espasa. E non defrauda, non, sorprende e atrapa.
O libro é a historia dunha desaparición. Ou como esta, procurada, non soluciona a dor, porque sempre poden ocorrer dores novas das que será necesario fuxir outrora. É dicir, de que fuximos? Como o facemos? É posible, sequera, facelo? E esta historia é poesía, é reflexión, é detalle, é informativa.
E se a historia nos sorprende e nos conmove e nos fai cavilar, a xenialidade do autor está nas súas frases, curtas, fermosas, metafóricas. Son pílulas esquemáticas que imos absorbendo en pequenas cantidades, facendo grandiosa a arte da lectura.
«Hay un placer no en estar solo, sino en ser capaz de estarlo».
«Dicen que la tela, según su superficie, su forma, su solidez, sus señuelos y su belleza, teje la araña que le es necesaria.
Las obras inventan al autor que precisan y elaboran la biografía adecuada.»


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.