Hai veces que é imposible resistirse a publicar algúns textos cos que o noso alumnado nos sorprende. Mariña Castro Fontao, de 2º de ESO, nunha proba escrita, con pouco tempo para esta pregunta, tiña que inventar un texto fantástico. Este foi o resultado.
Pregúntome que sería quen de facer con tempo para preparalo!
Comprobando que a súa espada con empuñadura de ouro, tan valiosa para ela tanto material como emocionalmente, seguía intacta, decidiu seguir o seu camiño. Mentres ía camiñando, cavilaba en todo o que podía encontrar, e sabía que debía estar alerta. Supuxo que a senda para chegar á cova na que habitaba un ave fénix que lle proporcionaría o elixir da vida para resucitar a todos os caídos no seu pobo, por mor da tiranía da Raíña e os seus partidarios, non sería un camiño fácil; non estaría cheo de fadas amables que a guiasen ata alí, senón, probablemente, de criaturas horribles. Acordouse entón dos pesadelos que a atormentaban dende nena. Desde que vira morrer a súa nai na rebelión contra a tiranía, eses pesadelos estaban presentes nas súas noites. Tocou a espada que lle legara no seu testamento e lembrou a promesa de que ao cumprir os dezasete anos seguiría este camiño para chegar á cova. A cova... os seus pensamentos absorbérona e non se deron conta de que estaba a dous metros dela. Non topara ningún obstáculo, que estraño...! Talvez o máis horrible a esperase dentro da cova do fénix. Tomou ar, palpou de novo a espada e pensou que quizais non volvese ver a luz do Sol, nin o brillo da Lúa.
Nun último salaio, entrou.
3 comentarios:
Mariña Castro Fontao...un nome para ter en conta no futuro.
Grazas. Seguro que lle encanta o teu comentario!
Ronsel. Desde mi intuición lectora en castellano y en euskera (bastante menos), me llega un sentir lírico al leer en gallego ese texto y, al mismo tiempo, una gran fuerza narrativa.
Creo que ya te lo he dicho, pero me encantan tus trabajos en el blog.
José Mari Lacruz
Publicar un comentario