Que mágoa me dá que estes libros sexan "mini"! Co que gozo eu coas ilustracións de Benjamin Lacombe, gustaríame que todos os seus libros se editasen en gran formato. Pero igual que ocorreu con La niña silencio, Edelvives propónnos Cereza Guinda escrito e ilustrado por el en pequeno tamaño, un libro que foi o seu proxecto de fin de estudos e que agora gozamos en español (do galego a editorial Edelvives esquécese continuamente).
Unha nena orfa de nai que como único amigo terá -ademais das súas lecturas- un cadeliño que agarda da chegada do seu verdadeiro dono. Pero non vos preocupedes, este mini-álbum ten final feliz.
Sen comentarios
Publicar un comentario