Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/10/12

Conto cinco sentidos

Que boa idea veño de ver feita realidade nas miñas mans! Cando vexo algo disto, canto sinto non ter un meu neno pequeno para agasallalo con estas marabillas!
OQO dá continuidade con estes cinco libriños á colección para prelectores conformando un universo ao redor dos sentidos... e eu quédome co do olfacto, porque é o libriño que máis gocei. Perdoade, estou a falar dos Conto cinco sentidos de José Campanari con ilustracións de Simona Mulazzani. Editados con exquisitez, os cinco libros achegan unha ollada inocente dende a que o bebé descobre o mundo, acompañado en todo momento polos seus papás, os seus avós e un tío ocasional; todos na casa axudan nos labores cotiás e é de loubar que sexa o pai quen fai a comida, ensina, varre...
As ilustracións falan por si soas, non podía ser doutro xeito neste tipo de libros infantís. Os máis pequen@s poderán seguilas mentres escoitan a historia.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.