Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/10/12

El hombre que quiso conocer a la Luna


I Premio Internacional Álbum Ilustrado 2012 Edelvives, El hombre que quiso conocer a la Luna é de Elena Hormiga, historia baseada nunha lenda maorí sobre a busca da verdade, unha procura que remata para comprender a importancia dos sentimentos e das crenzas persoais e non que os demais poidan darche a razón ou non. Destaca a curiosidade infantil por saber ou a paixón de viaxar. Un álbum no que domina o branco e o negro, con poucas cores fortes que están a disposición de temas moi concretos.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.