Que nunca decepciona está claro: Jo Nesbo volve a conseguir que esteamos pegados á cadeira sen nos mover mentres non rematamos de ler o seu Headhunters publicado por RBA. Con todo, eu sigo sendo fiel a Petirrojo. Con moita acción, chama a atención o protagonista, un cazatalentos endebedado e prepotente que sabe canto vale pero que oculta -coma todo o mundo- as súas inseguridades; pero a acción dá tantas voltas que case consegue caernos ben e esquecemos a súa chulería e as súas obsesións -como a altura das persoas-; un personaxe contraditorio que nos trae de cabeza. Desde logo, o libro ten un ritmo trepidante que nos deixa sen alento cun final incrible.
Unha curiosidade: cando Nesbo publicou a obra creou unha organización benéfica para alfabetizar nenos no Terceiro Mundo baixo o nome de Harry Hole. Dende 2008 todos os beneficios van parar a ela.
"Me detuve ante la entrada del hotel Leon y miré hacia la parte superior de la fachada, donde el cemento que se caía a trozos dejaba heridas de color blanco"
2 comentarios:
Apunto
Eu tamén o apunto
Publicar un comentario