Fermosa e coidada edición tal como nos mal-acostuma Nórdica, marabillosa lectura de Jane Austen: Los Watson, unha novela que deixou incompleta... pero, que máis dá? Temos a Jane Austen en estado puro, con todos os seus temas arredor dun baile e dunha moza casadeira e intelixente: ser pobre ou rico, o matrimonio de conveniencia, o amor verdadeiro... Aínda que é un esbozo e non unha novela completa, Emma Watson convértese nun prototipo de muller inconfomista e inquisitiva tan do gusto da autora. Volve plantexar a futilidade dunha existencia onde non había máis posibilidade que casar ben, sen atender nin á honestidade nin á felicidade.
As ilustracións de Sara Morante son deliciosas e completas, engadindo detalles ao propio texto: conseguen mergullarnos nese mundo e nesa literatura que non debemos esquecer.
Un libro para follear de cando en vez e soñar nós un final de acordo cos ideais da escritora.
Una tras otra, empezaron a llegar jóvenes vestidas con gran elegancia (acompañadas de las respectivas señoras de compañía), seguidas de algún que otro caballero que, de no estar lo bastante enamorado para acercarse a alguna de esas hermosas criaturas, parecía encantado de escapar al salón de juego.

Sen comentarios
Publicar un comentario