Recoñezo unha dobre emoción: non só por ver nacer un proxecto tan interesante, pensado para as familias, que agocha tanto traballo deses e desas compañeiros e compañeiras que segundo a sociedade son uns lacazáns e como non teñen nada que facer ofrecen horas e horas do seu tempo libre á sociedade e á lingua, e a emoción de estar con el@s, ao seu carón, botando unha pequena man falando do que a min máis me gusta. Así que aquí tedes esta revista, mensual, a “revista para as familias do alumnado” que edita a Coordinadora Galega de ENDL (podedes descargala aquí) que se presenta deste xeito:
O que
tes nas túas mans é o primeiro número de Ollos de aula, unha revista
(revistiña) que chegou a ti grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua
Galega do centro no que estuda o teu fillo/a e á Coordinadora Galega de
Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Se todo vai ben,
recibirala na túa casa unha vez ao mes.
O
obxectivo da publicación é achegarvos información variada ao redor da
educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden
preocupar como nais e pais. Ao longo das distintas seccións procurarase
darlle resposta ás preguntas que nos formuledes, afondar en temas de
actualidade, explicar conceptos propios do ensino ou achegarvos
suxestións (lectura, música, viaxes…) para poder compartir cos vosos
fillos/as, sen esquecer, loxicamente, a nosa lingua e as reflexións
sobre a súa aprendizaxe.
Buscaremos
sempre que os artigos sexan asinados por profesionais do ensino ou por
especialistas na materia que se trate, co obxectivo de que a información
sexa rigorosa e se axuste o máximo posible á realidade que se vive nos
centros e nas vosas casas.
Somos
conscientes da humildade destas oito follas, pero gustaríanos que Ollos
de aula fose unha canle de comunicación entre o centro e as familias e
poder, así, acompañarvos na difícil tarefa de educar aos vosos
fillos/as.
1 comentario:
Parabéns
Publicar un comentario