Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/10/12

Necesitas sorrir? Déixate axudar

"Non sabemos como é a vida en España. Pero dixéronnos que traballades moitas horas... e que tendes unha cousa que se chama estrés que fai se vos o poña o pelo branco... e que vos custa sorrir. Tamén nos contaron que pagades moitos cartos para ter unha casa... que debe ser como un castelo. E que vos enfadades cando non vos serven os pantalóns do verán pasado; ou cando sae un móbil novo e non o podedes mercar.
Aquí non temos ningún deses problemas. Por iso queremos axudarvos e decidimos apradiñarvos.
Comprometémonos a vos enviar os nosos donativos de felicidade.
Cos nosos debuxos, un traballo ou unha manualidade queremos conseguir que sexades un pouco máis felices na nova vida cotiá.
¿Necesitas sorrir? Déixate axudar."

A Fundación Khanimambo obtivo o premio ‘Fundraising 2012‘ da Asociación Española de Fundraising (AEFr) á mellor campaña de captación de fondos para entidades de menor presuposto pola súa iniciativa ‘Déixate axudar‘, na que máis 200 nenos de Praia de Xai-Xai (Mozambique) apadriñaban a españois.



Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.